Viaxe ao país das nubes, este venres ás 21:00h

Froito da colaboración entre o músico Servando Barreiro e o poeta Manolo Pipas e baseado nos libros deste último (Viaxe ao pais das nubes, A milpa e O paliacate), nacidos da sua experiencia de varias viaxes e estancias en terras de Oaxaca, Chiapas e o Anahuac, no centro de México, libros ilustrados por Pedro Currás e Eva Castro; o encontro deu como resultado este traballo a dúas voces e unha guitarra, donde as historias e poemas de Manolo Pipas mestúranse cos acordes e o canto de Servando Barreiro.

 

   Versos e recitado: Manolo Pipas

   Musicas e canto: Servando Barreiro

   Debuxo do cartaz: de Eva Castro


Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Actos, Literatura, Música | Leave a comment

Presentación da campaña de obxección ao gasto militar 2012

 

O espazo antimilitar de Vigo vén presentar ao Bou Eva a campaña de obxección ao gasto militar á hora de facer a declaración da renda deste ano.

Texto sacado do seu blogue: http://www.nonaogastomilitar.org/

No ano 2011, o gasto militar do Estado español ascendeu a 47 millóns de euros… cada día. Case dous millóns de euros á hora, nun país no que a única música que se escoita é a do recorte: recortes en educación, en sanidade, en dereitos, en medios de subsistencia; en vida. Ademais, o Goberno recoñece unha débeda por gastos militares de, polo menos, trinta e seis mil millóns de euros. Xa nos podemos facer unha idea de como se vai pagar.

Esta política de investimento militar non semella que vaia ser modificada polo “novo” Executivo. O actual Ministro de Defensa, Pedro Morenés, foi xa Secretario de Defensa na época do goberno Aznar, momento no que podemos atopar a orixe da débeda antes apuntada e que foi incrementada de xeito entusiasta polos gobernos de Zapatero. Morenés, ademais, é un dos claros exemplos de relación entre gobernos e industria militar, tendo ocupado nos últimos anos o posto de Director Xeral no estado español de MBDA, considerada a segunda empresa máis importante a nivel mundial no deseño, fabricación e venda de mísiles.

De feito, un primeiro estudo dos recén aprobados presupostos xerais para o 2012, evidencia que o Gasto Militarizado sofre un menor recorte orzamentario, tan só un 2%, fronte ao 17% de media. Isto sen esquecer que os presupostos deste gasto adoitan incrementarse 2,4 veces ao final do ano, e que posiblemente moito “gasto militar oculto” non foi aínda cuantificado.

O que si parece seguro é o aumento en material antidisturbios. En xaneiro deste ano anunciouse a adquisición de gases lacrimóxenos e botes de fume á empresa madrileña Falken, por importe de millón e medio de euros (no ano 2007, os gastos neste campo foron de pouco máis de 143.000 euros). Cousas da crise.

E é que precisamente nesta suposta época de “crise” a industria militar (en sentido amplo) española goza de boa saúde, din os expertos (as súas vítimas non, afirmamos nós). O estado español figura no ránking mundial de exportadores de armas, entre o 6º e o 9º posto, dependendo do ano, e tres empresas españolas están no top 100 mundial. A este suceso contribúen os préstamos a longo prazo e sen interese que os diferentes gobernos do estado levan facendo desde o ano 1994 (polo menos).

Armas españolas son as que usa Marrocos contra o pobo saharauí, ou Israel contra o palestino, todo isto nun contexto internacional no que de novo parece que a violencia é a única forma de resolver os conflitos. Así o fixo recentemente a comunidade internacional (o estado español incluído) armando durante anos a Gadafi, para logo facelo mesmo cos seus opositores e apoialos militarmente no seu ascenso ao poder, e agora aproveitan a violencia desatada en Siria para armar a faccións proclives aos intereses occidentais, favorecendo a desestabilización e a guerra civil; mentres sopesan unha intervención militar que en ningún caso vai buscar a protección dos dereitos humanos.

Pero o máis grave, é que sacar beneficios económicos desta violencia, pode chegar a ser visto como algo positivo por parte da poboación e incluso certas organizacións. A creación de emprego estase a converter na xustificación última para calquera cousa. Vale todo. A promesa da creación de postos de traballo ampara leis laborais que eliminan dereitos adquiridos polos traballadores ao longo de douscentos anos, facilita a comisión de estragos ecolóxicos, e incluso consegue que centrais sindicais reclamen carga de traballo para fábricas de armamento (industria á que lle vén un gran futuro), ou que dirixentes políticos acepten e mesmo reclamen a instalación en Trasmirás dunha base de avións non tripulados (“drones”) dos EE.UU. Isto vai un paso mais alá da repugnancia, poderíamos dicir.

E é que non podemos obviar que, pola mesma razón que a industria do turismo necesita turistas, a industria armamentística precisa de guerras, conflitos e ameazas á seguridade para colocar os seus produtos; necesita medo, violencia e mortos…

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Palestras | Leave a comment

Nunca máis lumes en Galicia

O vindeiro día 27 de abril ás 20:30 horas levaremos a cabo no Bou Eva
unha palestra arredor do problema estrutural no que se atopa o rural
galego, especialmente os montes, dende unha óptica na que se analizará
e se proporán unha serie de medidas para reconducir a perda e a
degradación que ano tras ano vimos padecendo dun xeito sistemático e
sistémico.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Palestras | Leave a comment

Sempre 25 de Abril


De novo 25 de abril e de novo estamos co pobo portugués cando se cumpren 38 anos da Revolta dos Cravos. Entón, a revolución tirou abaixo a ditadura salazarista e hoxe coma daquela, en Galiza coma en Portugal, a revolución segue sendo necesaria, pois xa é tempo de derrubar a ditadura asfixiante do Capital.

Tampouco queremos esquecer algúns dos momentos máis salientables da homenaxe que rendimos aos tripulantes do bou Eva o 23 de abril en Vigo.

Tripulación disidente do bou Eva:
na nosa memoria está a vosa semente e con ela arde o fascismo.

Viva Galiza Ceibe e Socialista!!!

Pódese ver un vídeo, ou tamén unha galería de imaxes; ámbalas dúas autoría de GalizaContrainfo.org

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Actos | Leave a comment

75 Cabodano do Asalto ao Bou Eva

Desde a Asociación Cultural Bou Eva querémoslle render homenaxe á dignidade destas nove persoas que morreron pola represión fascista.

Haberá unha cea este sábado 21 no Centro Social. Podédesvos anotar a través do noso correo electrónico ou ben achegándovos até a rúa Terzo de Fóra 11, Vigo.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Actos | Leave a comment

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Exposicións | Leave a comment

Palestra científica no Bou Eva


Este venres 13 de abril ás 20:30h, temos o pracer de recibir a Iria Veiga, psiquiatra e autora do blogue O outro lado do espello e a Oscar Antón, científico.

Achegaránnos unha visión diferente da que estamos acostumados a ter da ciencia: medicina alternativa, medicina convencional e outras propostas máis descoñecidas poranse sobre a mesa.

Abrirán o debate reflexionando sobre os intereses do capital na ciencia, facendo medrar as presións para non sacar a luz certas informacións ou, no caso contrario, publicitando enfermidades que realmente non son tal… en definitiva: agochando negocios farmacéuticos privados.

O debate promete ser moi enriqueceder. Achégate!

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Palestras | Leave a comment

Hoxe ás 20h da tarde proxectamos o documental sobre Marinaleda. Achégate!

Hoxe ás 20h poderemos ver a película sobre Marinaleda:

O concello de Marinaleda ten  tradición de loita xornalera, o que  influiu decisivamente na consecución de diversos avances políticos e sociais.

Marinaleda está gobernada dende 1979 polo Colectivo de Unidad de los Trabajadores – Bloque Andaluz de Izquierdas(CUT), partido de esquerdas e andalucista que venceu en todalas eleccións municipais por maioría absoluta.

Todas as decisións e temas municipais (impostos, vivenda, emprego) son sometidas ao veredicto do pobo, que vota a man alzada ou ás veces a través de voto secreto no curso dun cento de asembleas xerais ou asembleas de barrio que teñen lugar cada ano.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Cine | Leave a comment

Taller de galletas + merendola + Galeoke

Mañá sábado 7 de Abril, a partires das 19h comezaremos o taller de galletas caseiras, que degustaremos xunto con chocolate á taza. Para queimar as calorías propomos unha velada de Galeoke. Achégate!

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Cursos, Música | Leave a comment

Mañá proxectamos as pelis da semana pasada

Este martes proxectarase A cidade das mulleres de Federico Fellini, e a curta Meshes of the afternoon de Maya Daren, as dúas películas que estaban programadas para a última sesión de Cine e Muller, o ciclo de cinema que fixemos durante o mes de marzo, que non se puideron visionar a semana pasada.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Na categoría Cine | Leave a comment