‘Berlín’, co Leo e Lara Rozados

O vindeiro sábado 31 de xaneiro, ás 20:30h, chega a Vigo: BERLÍN

Lou Reed creou a comezos dos 70 un disco que el definiu como “un filme para os ouvidos”, no que conta a sórdida relación entre unha parella nunha cidade dividida. Berlín é o relato das vidas de Jim e Caroline, marcadas pola pobreza, a prostitución, a violencia e as drogas. O disco foi un fracaso comercial, aínda que moi interesante musical e narrativamente.

Máis de trinta anos despois, o filólogo, profesor e músico Leo Fernández Campos, máis coñecido como O Leo Arremecághona, realizou un exhaustivo labor de tradución das letras das cancións, foi traballando nelas xunto coa xornalista e actriz Lara Rozados, nunha teatralización, até que no 2013, coa morte de Lou Reed, decidiron estrear a montaxe. Para iso contaron coa colaboración do director e actor Chiqui Pereira, membro da compañía Berrobambán.

Trala súa estrea na XIII Festa de Aniversario do Cineclube de Compostela, pasaron pola Fundaçom Artábria, polo Liceo Mutante ou polo C. S. Terra, de Pontedeume.

O vindeiro sábado, ás 20:30h, no Bou Eva.
Entrada, íntegra para xs artistas:
3euros socixs
5euros non socixs

10848567_847280095294447_1862178674585206271_o