‘Actos’

Como levar a cabo un proxecto?

Este sábado 14 ás 19:00h repetiremos a charla que tiveramos o ano pasado sobre como levar a cabo un proxecto dentro do programa Iniciativa Xove, cunha traballadora da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta, que nos explicará os pasos que debemos seguir para poder realizalo. Se tes en mente realizar un proxecto da índole que sexa, non dubides en vir!

tallerideas-777x1024 copia

Pepe Sendón presenta “Falando claro”

 

O venres 13 de marzo ás 20:30h Pepe Sendón fará unha presentación audiovisual do seu libro “Falando claro” baseado na historia do anarquista Claro Sendón Lamela (Louro 1897- NY 1937).

FCBOUEVA

FILO-CAFÉ: A MÁSCARA

MÁSCARA

Un filo-café é un encontro libre e gratuíto, un espazo público de troca de pensamento e artes que se organiza arredor dun tema previamente escollido. Nel pode inscribirse calquera persoa que desexe facer unha intervención relacionada co tema escollido, indicando nome, lugar de orixe e área de intervención.
Neste filo-café quen queira ler un texto arredor do tema “a máscara” (nas súas diferentes interpretacións), crear un texto, traballo plástico ou musical, performance, danza… ou simplemente compartir algunha información, reflexión ou opinión que se relacione co tema proposto, poderá facelo.

As inscricións destínanse ás participacións artísticas, remitindo un correo a acboueva@gmail.com
Quen asista como público ou queira trocar ideas durante o filo-café non necesita inscrición previa.

‘Capitalismo y Economía Mundial’, Xabier Arrizabalo

O vindeiro sábado 20 de decembro, ás 20 horas, chega ao Bou Eva Capitalismo y Economía Mundial.
No presente libro, o economista Xabier Arrizabalo desenvolve unha aproximación ao significado do imperialismo e ao seu percorrido histórico como estadio superior do capitalismo.
Proponse, ademais, unha invitación á discusión e ao debate sobre a fuxida cara a adiante na que o sistema nos envolveu con elevados custos para o 99% da sociedade.
O texto que se presenta non fala desde a asepsia política, senón que aporta elementos para a intervención.

Arrizabalo en Galicia

Presentación “Nestes días”, María N. Soutelo

O vindeiro venres 5 de decembro, ás 20h, presentación con obradoiro de poesía e algunha sorpresa doce, de Nestes días, último libro de María N. Soutelo

Para o taller de poesía, imos necesitar que cadaquen traiades convosco unha caixa de cartón, a ser posible, lisa, e que escollades un par (ou tres, ou todos!) de items da lista que vos deixamos a continuación:
*1 prenda de roupa
*1 fotografía
*1 obxecto persoal (un amuleto, unha xoia…)
*1 texto ou un fragmento dun (poesía ou prosa)
*1 especia ou un aroma
Teñen que ser obxectos importantes para vós, polo vencello emocional que vos una, polos sentimentos e recordos que evocan.
Traede tamén bo ánimo e inspiración.
Os lápices de cores corren por conta da autora 🙂

1484062_10152494784013310_6384725513804952386_o

Obradoiro de Igualdade

O vindeiro sábado, 15 de novembro, ás 10:00 am, a Área de Muller de Esquerda Unida – Vigo impartirá un obradoiro aberto sobre Igualdade a cargo de Rubén Torres, psicopedagogo e investigador na construción das masculinidades. Estamos todxs convidadxs:

1506896_505905376178720_2256313537485551003_n

De cara ao 29-N

Velaquí algunhas imaxes do acto do sábado, arredor do 29-N Ocupa o Obradoiro. A compañeira Águeda Estévez, das Xuventudes Comunistas, interviu desde o punto de vista da mocidade e da educación; a compañeira Tareixa Otero, activista da muller a e ecoloxista, analizou a importancia de asistir o 29-N a Compostela desde o punto de vista da loita feminista e da defensa do territorio e, tamén, Manolo Camaño, secretario xeral da Central Unitaria de Traballadores/as, referiuse á importancia desta convocatoria desde un punto de vista global, para o conxunto da clase traballadora.

O 29-N imos tomar o Obradoiro!

10694191_301260986732525_862294496479500956_o

1781634_301262870065670_1201197787384126720_o

 

10631283_301261666732457_1573253375742878441_o10679788_301262533399037_4726158577861120987_o10644129_301262580065699_3041965511210591130_o
10712488_301262860065671_6880265205850391047_o
10668712_301261346732489_945328045655900939_o

29-N: OCUPA O OBRADOIRO

A estratexia do poder económico é clara: crean una crise e a utilizan para que o pobo perda dereitos e, cando xa non os teñamos, entón dirán que a crise rematou, pero eses dereitos nunca volverán se non loitamos por eles, se non botamos fóra do goberno a toda esa panda de mafiosos, corruptos e ladróns, se non facemos que o poder sexa do pobo e non das elites económicas.

O 22M enchemos as rúas de Madrid para amosar a nosa dignidade e o 29 de Novembro estaremos na praza do Obradoiro, onde traballaban os canteiros, para loitar polo que é noso e para chamar a todas as persoas a que loiten con nós para ter PAN, TRABALLO e TEITO.

O sábado 27, ás 20:30 horas, participa na XUNTANZA ABERTA das Marchas da Dignidade que imos celebrar coa finalidade de coñecérmonos, manifestar as nosas dúbidas, fomentar as nosas ilusións, debater as nosas reivindicacións desde distintos puntos de vista: somos a clase traballadora expoliada, a xente moza condenada ao desemprego ou expulsada do seu país, as mulleres combativas, o pobo galego solidario e consciente que defende o seu dereito á vida digna.

O sábado 27: acude ao Bou Eva: AS MARCHAS DA DIGNIDADE OCUPAN O OBRADOIRO

Cartel bou eva