
Este venres 24 de xuño, ás 5 da tarde faremos a presentación pública do noso centro social á xente e ós medios, na que a A. C. Bou Eva organiza unha palestra sobre o noso nome na que intervirán Conchiña Nogueira, filla da parella de represaliados do bou, e Dionisio Pereira, historiador de renome que tamén presentará o seu libro “Loita de clases e a represión franquista no mar (1864 – 1936)” ás 19h no local da Central Unitaria de Traballadores/as. O Acto será presentado por Anxo Angueira e Leo de Matamá.
Concha Nogueira é natural de Vigo. Filla dos militantes comunistas Ángel Nogueira e Carmen Miguel quen, intentando escapar da represión franquista no Bou Eva deciden, xunto cos seus compañeiros, suicidarse antes de ser asasinados polos seus perseguidores. Emigrou a Venezuela, onde participou en actividades da colectividade galega. Á súa volta a Galicia en 1970, integrase na loita antifranquista a través do Movemento de Mulleres Democráticas.
Dionisio Pereira (A Coruña, 1953). Licenciado en Ciencias Económicas e investigador especializado na historia dos movementos sociais na Galicia contemporánea. Participa no Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces” e durante os últimos anos traballou no eido da cultura marítima de Galicia. Entre outros libros, publicou A CNT na Galiza (1922-1936) (1994), Sindicalistas e Rebeldes (1998), Imaxes da fatiga: Crónica gráfica do traballo na Galiza (1999), O Patrimonio Marítimo de Galicia (2000), Foulas e Ronseis (Retrincos para un Tratado do Mar dos Galegos) (2005) e Loita de clases e represión franquista no mar (Xerais, 2010). Ademais, en coautoría con Eliseo Fernández, publicou ¨O Anarquismo na Galiza. Apuntes para unha enciclopedia (1870-1970) (2004)¨ e ¨O Movemento Libertario en Galiza (1936-1976)¨
VÉMONOS O VENRES AS 5 DA TARDE. ESTADES TOD@S CONVIDAD@S!