‘Cine’

FILO-CAFÉ: A MÁSCARA

MÁSCARA

Un filo-café é un encontro libre e gratuíto, un espazo público de troca de pensamento e artes que se organiza arredor dun tema previamente escollido. Nel pode inscribirse calquera persoa que desexe facer unha intervención relacionada co tema escollido, indicando nome, lugar de orixe e área de intervención.
Neste filo-café quen queira ler un texto arredor do tema “a máscara” (nas súas diferentes interpretacións), crear un texto, traballo plástico ou musical, performance, danza… ou simplemente compartir algunha información, reflexión ou opinión que se relacione co tema proposto, poderá facelo.

As inscricións destínanse ás participacións artísticas, remitindo un correo a acboueva@gmail.com
Quen asista como público ou queira trocar ideas durante o filo-café non necesita inscrición previa.

Aquí está!!

Velaquí o esperadísimo lipdub!! Como Asociación Cultural Bou Eva estivemos presentes no minuto 1:58 co minibou que fixemos para o acto. A memoria tamén estivo presente neste acontecemento lúdico-festivo!

Presentación do proxecto ¨En todas as mans¨

En todas as mans é un proxecto audiovisual ideado desde Trespés Coop., que difunde a realidade dos montes veciñais en man común e que incorpora na dirección a un novo valor do audiovisual, Diana Toucedo.

Os montes veciñais en mancomún son patrimonio milenario. Son iniciativas de economia social e solidaria organizadas en propiedades comunais (veciñais e colectivas) que proceden da pertenza a un núcleo de poboación determinado, con carácter habitual, a parroquia. Polo tanto non son nin propiedade privada nin propiedade pública. Ascomunidades de montes son aquelas organizacións pola que a comunidade veciñal auto-xestiona o monte seguindo critérios ambientais; económicos e sociais. Este tipo de xestión pervive en Galiza e no Norte de Portugal. Na actualidade, desde diversos organismos, como a ONU ou a UE, estase pondo o énfase na necesidade de involucrar á cidadania na xestión directa do seu território. Entendemos que este feito converte os montes en mancomún nun elemento de actualidade que é preciso divulgar e dar a coñecer non só en Galicia senón tamén noutros países, unha experiencia comunitaria que é preciso dignificar e valorar.

      Foron e son obxecto de múltiples ataques de orden lexislativo por parte das institucións estatais e nacionais, e por parte das organizacións que funcionan baixo o ideario capitalista, coa fin de romper o ideario e natureza comunitária da toma de decisións e de xestión dos recursos das comunidades veciñais que os sustentan. Esta titularidade é indivisíbel; inembargábel; imprescritíbel e inalienábel. A transformación socioeconómica da sociedade galega nos últimos decénios co abandono do rural e a progresiva urbanización da actividade económica e da poboación; a progresiva interiorización de valores individualistas e consumistas está levando a un proceso de disolución dos valores comunitarios, esquecimento; descoñecemento e falta de localización deste modelo de organización na sociedade galega.

      Na actualidade ocupan un 20% da superficie do território de Galiza, supoñen un total de 3.000 comunidades nas que se agrupan na volta de 250.000 persoas comuneiras. Achegan o 5% do PIB e só desde o punto de vista forestal xera 26.000 postos de traballo.

Virán a presentalo no centro social Bou Eva o vindeiro venres 15 de xuño ás 20:30h. Se queres colaborar no proxecto aproveita para coñecer de primeira mán os detalles e facer todas as preguntas que queiras.

+info: www.entodasasmans.com

Hoxe ás 20h da tarde proxectamos o documental sobre Marinaleda. Achégate!

Hoxe ás 20h poderemos ver a película sobre Marinaleda:

O concello de Marinaleda ten  tradición de loita xornalera, o que  influiu decisivamente na consecución de diversos avances políticos e sociais.

Marinaleda está gobernada dende 1979 polo Colectivo de Unidad de los Trabajadores – Bloque Andaluz de Izquierdas(CUT), partido de esquerdas e andalucista que venceu en todalas eleccións municipais por maioría absoluta.

Todas as decisións e temas municipais (impostos, vivenda, emprego) son sometidas ao veredicto do pobo, que vota a man alzada ou ás veces a través de voto secreto no curso dun cento de asembleas xerais ou asembleas de barrio que teñen lugar cada ano.

Mañá proxectamos as pelis da semana pasada

Este martes proxectarase A cidade das mulleres de Federico Fellini, e a curta Meshes of the afternoon de Maya Daren, as dúas películas que estaban programadas para a última sesión de Cine e Muller, o ciclo de cinema que fixemos durante o mes de marzo, que non se puideron visionar a semana pasada.

Dobre sesión de cine e o que xurda

Ás 8 da tarde rematamos co ciclo de CINE E MULLER coa dobre sesión de cinema coas películas ¨A cidade das mulleres¨ de Federico Fellini e ¨Meshes of the afternoon¨ de Maya Daren. Despois pechamos, e non só o Bou.

Esta semana: ¨This is England¨ de Shane Meadows

Tras os pases de Ken Loach e Andrea Arnold, rematamos o ciclo de cinema social das Illlas Británicas co filme This is England do xoven director Shane Meadows.
Este filme de 2006 está protagonizado por un grupo de rapaces e rapazas Skinhead na Inglaterra de 1983 e coa Guerra das Malvinas e o thatcherismo coma pano de fondo. O filme amosa coma un movemento urbán de raíces obreiras, antirracistas e antifascistas, coma o movemento Skinhead, vai sendo pouco a pouco infiltrado e instrumentalizado pola violenta ultradereita británica.
Xa sabedes, o mércores ás 8 da tarde. Contamos contigo!