‘Cine’

O mércores 15 de febreiro, Fish Tank no Bou Eva

fai click na imaxe para ver o tráiler

O día do cinema no Bou Eva muda para os mércores

Continuamos co ciclo de cinema político e social das Illas Británicas -iniciado neste mes de febreiro- con Fish Tank, un filme de Andrea Arnold, cineasta continuadora da escola realista social iniciada co seu compatriota Ken Loach.

Fish Tank retrata a vida dunha adolescente inglesa nunha familia con problemas e residente nun barrio obreiro da Inglaterra actual con multitude de problemas sociais e laborais.

O filme será proxectado o mércores 15 às 20:00. Agardámosvos a tod@s!


Mañá, ¨Nun mundo libre¨ de Ken Loach


Continuamos coas proxeccións dos martes, e iniciamos con este mes de febreiro un ciclo adicado ao cinema político-social das Illas Británicas. Mañá,  ás 19:30, comezaremos co filme de Ken Loach Nun mundo libre (It´s a free world).

Neste filme, Loach retrata dun xeito maxistral a ligazón entre a precariedade laboral, o racismo e o fenómeno migratorio nunha sociedade  capitalista marcada polas atroces consecuencias da contrarrevolución thacheriana.

Agardámosvos ás 19:30 no Bou Eva!

Novecento (III)

Co permiso de Bertolucci, xa que está concebida para o visionado en dúas sesións, imos proxectar a terceira parte desta obra épica da sétima arte. O martes ás oito da tarde, coma sempre.

Mañá ás 19:30, un clásico: Novecento

Tranquil@s que só imos proxectar a primeira parte (xa que o metraxe total dura 314minutos) do filme de Bernardo Bertolucci. A vindeira semana proxectaremos a segunda parte. Por fin unha peli de ficción no Bou!

martes 10, “Moncho Valcarce, o cura das Encrobas”

Este martes 10 de xaneiro ás 20:00h cine no Bou Eva. Proxectaremos o documental “Moncho Valcarce, o cura das Encrobas”. Unha producción de A Fraga Maldita para Novos Vieiros, ano 2003.

O documento contempla as estapas da súa vida dende a perspectiva dalgunhas das persoas que estiveron ó seu carón. Baldaio, onde foi mallado e ameazado de morte pola garda civil; Xove , a primeira loita ecoloxista da historia de Galicia, contra a central nuclear que se pretendía instalar naquel concello; etc. Enfrontouse á xerarquía eclesiástia en múltiples ocasións e criticou abertamente -os colaboracionistas-, así coma ós distintos -poderes alleos que asoballan A Nosa Terra den hai séculos-.

Moncho Valcarce, un dos grandes galeguistas e loitadores antifascistas, pertence xa á historia de Galicia. Co documento ábrense novos vieiros para que a súa figura comece a ser recoñecida abertamente como parte integrante e transcendental da Galicia moderna.

Martes 20, The Yes Men (2002)

Como ven sendo habitual, mañá martes 20 ás 8 da tarde proxectaremos unha nova película. The Yes Men, documental do 2002 no que o dúo homónimo de activistas mostran parte das súas accións englobadas no movemento de resistencia á hexemonía cultural.

¨Zizek!¨ martes ás 8

Mañá, martes 29 de novembro, proxectaremos o documental que Zizek!;  que explora personalidade  e obra do  filósofo esloveno Slavoj Zizek,  no Bou Eva. Non faltedes!