‘Cursos’

Obradoiro de Musicoterapia

O vindeiro sábado, 27 de decembro, teremos un obradoiro de MUSICOTERAPIA en dúas sesións:
De 17 a 18h, para nenas e nenos desde os 4 anos.
De 18 a 19h, para bebés (de 0 a 3 anos) acompañados polos seus pais ou titores.

A musicoterapia consiste no uso da música dentro dunha estrutura organizada de traballo cun fin terapéutico. É unha disciplina que permite o autocoñecemento de nós mesmas. Nestes obradoiros empregaremos a voz, no canto; o corpo, na danzaterapia, con harmonías e cancións alegres facendo exercicios de sociabilización; o oído, nas audicións, compartindo experiencias con enerxía positiva a través das letras das cancións. Tamén faremos exercicios de respiración e relaxación.

Musicoterapia

Poesía e Teatro no Bou Eva

No Bou Eva comezaremos en xaneiro o curso de teatro e máis o obradoiro de escritura poética. Sen pago de matrícula e cunha mensualidade que destinada integramente para as docentes.

Marta Pérez: Actriz, creadora escénica e produtora teatral. Licenciada en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela. Directora de Inversa Teatro- nacida en 2009- coa que leva cinco producións teatrais: Expostas- da que é co-autora e que foi publicada pola Revista Galega de Teatro, Kamouraska, Paper Dolls, Té con Kant, tamén co-escrita por ela xunto con María Caparrini e Fémina Sapiens de autoría propia. Inversa levouna a realizar xiras por Brasil, Colombia, México, Venezuela e Portugal tanto no 2012 coma no 2013 e 2014 con Kamouraska, Té con Kant e Fémina Sapiens. Estudou interpretación nas escolas Santart e Espazo Aberto de Santiago de Compostela.

María N. Soutelo: Licenciada en Historia pola USC. Participou no proxecto literario “AugasVerso”, folla voandeira de poesía do Concello de A Estrada, e na coletánea Poesía Contemporánea Tabeirós-Terra (Edicións Fervenza, 2005). No ano 2008, veu a luz o seu primeiro poemario Código Poético (XX Premio de Poesía “Eusebio Lorenzo Baleirón”, Concello de Dodro), da man da editorial Sotelo Blanco. Recentemente, vén de saír do prelo Nestes días, un libro que autora gusta de presentar desenvolvendo un taller poético con e para o público.

Teatro-Poesía

Obradoiro de COMUNICACIÓN E EXPRESIÓN EN PÚBLICO

O vindeiro sábado 22, ás 17:30 horas: Obradoiro de COMUNICACIÓN E EXPRESIÓN EN PÚBLICO
Co profesor Manuel Igrexas

Finalidade: Desenvolver e mellorar as habilidades de comunicación para expresarse mellor diante do público, de tal maneira que a mensaxe chegue de xeito máis eficaz. Descobrer a importancia da comunicación verbal e non verbal a través do control adecuado da voz, da vocalización e da linguaxe xestual.
Como me vexo e como me proxecto?
Debilidades e habilidades, Técnicas da comunicación oral, Estrutura do discurso, Seguridade, postura corporal, intensidade, entoación, capacidade de improvisación…

Quen imparte: Manuel Igrexas é profesor de Filosofía no IES Laxeiro, de Lalín. Baixo a súa dirección e entrenamento, o alumnado do mesmo centro leva conseguido brillantes resultados nos concursos de debate Parlamento Xove.

10293775_10152494970718310_2325571231455851913_o

Obradoiro de Igualdade

O vindeiro sábado, 15 de novembro, ás 10:00 am, a Área de Muller de Esquerda Unida – Vigo impartirá un obradoiro aberto sobre Igualdade a cargo de Rubén Torres, psicopedagogo e investigador na construción das masculinidades. Estamos todxs convidadxs:

1506896_505905376178720_2256313537485551003_n

Curso de teatro

cursoteatro1

Despois das vacacións retomamos as clases de teatro no Bou Eva con Marta Pérez de Inversa Teatro. Nas clases facemos todo tipo de exercicios de improvisación, voz, espacialidade, etc.

Anímate e anótate ás clases mandando un correo a acboueva@gmail.com

Comezamos o martes 7 de outubro, de 18h a 20h, neste mesmo horario continuaremos o resto do curso.

 

Última hora para curiosas!

Censura, catolicismo, persecución… E protestas, panfletos, comunicados políticos… saíndo todos das chamadas vietnamitas. Mañá xoves 2 de maio ás 20 horas poderemos saber o que son e como funcionan:

Minicurso de Lingua Vasca por Isaac Xubín

UNHA VIAXE A TRAVÉS DO ÉUSCARO

Minicurso de Lingua Vasca por Isaac Xubín, o venres 28 de decembro de 18 a 20 horas.

Durante as dúas horas de curso abordaremos conceptos fundamentais da lingua vasca como o ergativo, o paradigma verbal e o sistema mediante o que se flexionan os sintagmas. Pero lonxe de facelo dende unha perspectiva puramente académica e sen o afán utilitario de adquirir ferramentas que nos permitan falar a lingua, o obxectivo do curso é achegármonos ao éuscaro mediante textos e realidades culturais vascas que xa coñecemos e das que adoitamos gozar.

Inscrición a través do correo acboueva@gmail.com
Prezo 3 euros ( inclúe fotocopias e material necesario para o curso)

Obradoiro de títeres

Este xoves 5 de Xullo ás 19:00h temos o pracer de recibir a unha profesional dos títeres, con gran traxectoria, que vén facer un obradoiro para os e as máis pequenas. Os nenos e nenas disfrutarán enormemente construíndo o seu propio títere e podendo facer unha pequena representación ao final da tarde. Ela farános unha actuación cunha das súas marionetas de fíos articuladas.

Podes inscribirl@s mandando un correo ao acboueva@gmail.com ou no mesmo día, media hora antes. Pedimos a doazón de 1euro, por participiante, para a compra de material.