‘Cursos’

Taller de galletas + merendola + Galeoke

Mañá sábado 7 de Abril, a partires das 19h comezaremos o taller de galletas caseiras, que degustaremos xunto con chocolate á taza. Para queimar as calorías propomos unha velada de Galeoke. Achégate!

CURSO DE GALEGO

¡Ven perfeccionar o teu galego ao Bou Eva!

A partir do vindeiro xoves día 16 de febreiro comezará un curso de lingua galega no Bou Eva, co obxectivo de perfeccionar o emprego escrito e oral do noso idioma e máis de coñecer a súa historia e situación sociolingüística. A profesora que impartirá as clases será Elvira Riveiro, docente de lingua galega e poeta.

O curso constará de 40 horas, e impartirase os xoves entre as 18.30h e as 20.30h da tarde e custará 20 euros para soci@s e 30 euros para non soci@s.
Podes apuntarte no local ou mandando un correo a acboueva@gmail.com, tes ata o mércores 15 para facelo.

Curso de portugués 30h ¡Matrícula aberta!

Temos o pracer de anunciar que para o próximo mes de outubro dará comezo un curso de portugués no centro social Bou Eva.

O curso estará homologado pola “Associação de Docentes de Português na Galiza”.

Duración: 30 horas lectivas, horario por determinar polo alumnado e o profesor.

Prezo: 30€   (20€ para soci@s )

Profesor: Xoán Montero (docente de portugués na Universidade de Vigo)

Matrícula: Antes do martes 27 manda un correo a acboueva@gmail.  com co teu nome e a dispoñibilidade horaria ou apúntate no propio centro social.

Máis información: Antes de comezar o curso farase unha xuntanza onde se decidirá o horario. Este día tamén haberá unha proba para que o profesor coñeza o nivel medio da clase.