‘Estudantil’

Charla e festa do Festival Mundial da Xuventude e dos Estudantes

O vindeiro venres 29, a partir das 20:00h, terá lugar un acto destinado a espallar a solidaridade internacional e dar a coñocer o Festival Mundial da Xuventude e dos Estudantes que se celebrará no mes de decembro en Quito, Ecuador. Contaremos con Chicho de Teis, presidente da Asociación de Amizade galego-bolivariana “Hugo Chávez”, que achegará novidades desde Venezuela, e con Xavier Garcia, brigadista internacional en Palestina que nos relatará a súa experiencia.

A seguir, poderemos probar pratos tradicionais venezolanos e a noite continuará con música venezolana e cun sorteo de material chavista (gorras, camisetas…). A Asociación de Amizade galego-bolivariana disporá dun espazo para pulicitar o seu propio material.

Os cartos recollidos irán destinados á organización do Festival en Ecuador, así como á axuda ao desprazamento das brigadistas galegas ao mesmo.