Presentación do libro “Por uma democracia radical. Vozes subalternas contra o estado de exeção”
Este sábado 2 de xuño ás 20:30 horas terá lugar a presentación do libro Por uma democracia radical. Vozes subalternas contra o estado de exeção, publicado por Estaleiro Editora. No acto participarán David Rodríguez e Francisco Sampedro, colaboradores do libro, e Carlos Diegues, en representación de Estaleiro.
Compoñen esta proposta dez artigos que se achegan á realidade capitalista desde distintas perspectivas, conformando unha ferramenta útil para o pensamento crítico. Os artigos foron escritos por José Ángel Brandariz (membro de Esculca e profesor de Dereito Penal na UDC), Borxa Colmenero (avogado e politólogo), Valentim Fagim (presidente da AGAL), Miguel Fernández (profesor, membro do Foro Galego de Inmigración), Sandra Garrido (PreSOS), Tareixa Ledo (Sindicato Labrego Galego), Rui Pereira (xornalista independente e profesor universitario), David Rodríguez (autor, tamén en Estaleiro, de Retomando a palabra), Francisco Sampedro (filósofo e profesor) e Antom Santos (Escola Popular Galega, Novas da Galiza).