‘Literatura’

Presentación do libro ¨Crac¨ de Gonzalo Hermo

A Asociación Cultural Bou Eva ten o pracer de anuciar o acto de presentación do novo libro de Gonzalo Hermo,  Crac.

Despois da exitosa presentación do libro en Compostela a fin de semana pasada na Biblioteca Ánxel Casal, Gonzalo Hermo virá ó noso Centro Social.

O día escollido é este venres 27 de xaneiro, ás 20:30h. Intervirán tamén Chus Pato, Oriana Méndez, Alicia Fernández e Fran Cortegoso.

Presentación do libro ¨15-M O pobo indignado¨

O venres día 2 de decembro ás 19:30 horas no Centro Social Bou Eva presentamos o libro colectivo 15-M O pobo indignado, de Edicións Laiovento. Contaremos coa participación de X. L. Méndez Ferrín, X. M. Beiras Torrado, Francisco Sampedro, David Rodríguez e Alfredo Iglesias. 

A HOSTIA EN VERSO: NEOFALANTES VS PALEOFALANTES

Queridos amigos e amigas:
Reforcen as columnas das súas casas, apontoen as súas solainas, revistan os tabiques con formigón armado. Imos facer tremer os cimentos da cidade de Vigo cun novo combate da hostia en verso, o enfrontamento lírico máis disparatado dos últimos tempos.
O día internacional da tradución inspirou esta pelexa, que enfrontará a Neofalantes VS. Paleofalantes.

Os poetas-púxiles que participarán nesta intensa velada son: Daniel Landesa, Xabier Xil Xardón, Neves Soutelo, Nolim, Eduardo Estévez e Ledicia Costas, acompañados das presentadoras máis revolucionarias que pisaron un escenario: María Lado e Lucía Aldao.
E todo isto estará amenizado por un músico de excepción, o único artista punk do mundo coa habilidade do desdobramento de personalidade en escena: O Leo I Arremecághona!
Marcade na vosa axenda o día 29 de setembro cunha P de poesía e achegádevos ao Bou Eva.

Exposición, recital e concerto!

Mañá, sábado 24 ás 8 da tarde, faremos a nosa particular homenaxe a Lois Pereiro. Inauguramos exposición de obra plástica a cargo de Emilio Cabezas e Zintia, baseada na obra do escritor monfortino.

Contaremos ademáis, como ven sendo habitual, cun recital de poesía, que será de todo menos aburrido. E para finalizar, en exclusiva no centro social Bou Eva: Concerto do cantautor punk Leo i Arremecághona!

Todas/0s convidadas/os.

Este venres, Bou!

Mañá, venres 16 de setembro, ás oito da tarde, temos o pracer de contar coa presenza de María Rosendo e Andrea Núñez, que veñen a presentarnos os seus poemarios: Nómade e Todas as mulleres que fun. Esperamos tamén contar con tod@s vós!