‘Música’

Serán africano, en Terzo de Fóra

Este venres, 12 de xullo, a partir das 21:30 horas, o poeta Bilal Traoré volve ao corazón do Bou e desta volta faino acompañado polas escritoras Xina Vega e Begoña R. Outeiro.
Coa presentación do seu libro de poemas “Oculto al sol”, exporase unha mostra de fotografías africanas de Paz Raña e celebraremos unha noitada de músicas e versos de alento galaico-africano…

poesía+música

A poeta Elvira Riveiro, gañadora do premio de poesía erótica Illas Sisargas con Carnia Haikai, e mais a dj internacional Carina Posse abren o verán no Bou Eva cunha achega única de poesía + música + vídeo + performance

Venres 21 de xuño:

20:30 elvirariveiro+carinaposse: balada do peep show

22:00 carina posse: sesión nu jazz | deephouse | downbeat

Balada do peep show é un espectáculo que combina poesía, música, vídeo e performance para construír unha historia na que o público tamén ten o seu papel protagonista. Unha cidade anónima… un suburbio que olla cara ao mar… un amor efémero acubillado polo asfalto… un feixe de palabras que voan e se derraman… un banquete de pan e chocolate derretido entre os dedos… un sucio peep show onde descubrirse… as fauces dun escuro animal… En balada do peep show cada peza musical foi escollida para dar vida a cada verso; cada imaxe fainos reconstruír un relato feito de retallos que o/a espectador/a terá que coser cos seus ollos, cos seus ouvidos, coa súa boca… e, coma os anónimos amantes da historia, sentirá na súa pel o pracer e mais o abandono.

Un serán por Rosalía

O Vigo máis rosaliano presenta:

No Bou Eva, o sábado 23 de febreiro a partir das 20:00 horas, comezamos a celebrar o 175 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro e queremos que a voz da nosa poeta nacional ecoe en cada arrabalde vigués:

Achégate cos teus instrumentos para interpretar a Alborada de Rosalía e non esquezas os teus poemas favoritos da autora para facermos unha lectura… os petiscos e a foliada farán o resto!

Emily on the road


Este sábado 15 de decembro ás 21:30h Ramón Blanco virános presentar o seu libro Emiliy on the road, editado por Acha Escrava.

“un día tiñamos idea de ir ao oeste a néboa dos teus ollos
 pedía ir ao oeste – farase por húmida dor farase por amor 
aínda que haxa tanto 
que escribir 
idade enferma aínda que doia escarvar no máis fondo da lama 
gardo as cartas que enviabas desde a rexión escura 
desde o fulxente limo metálico da psique 
acórdaste de min – son 
peixes buscando alimento na lama – 
vin para pedirlle que me ensine a sufrir”

 

A noite dos calacús

Este mércores 31 de outubro, como xa ben sabedes, os mortos sairán a pasear pola nosa cidade, así que estade list@s para afastalos cun calacú na porta, nós poremos un, e mentras dentro, nós faremos unha boa festa. Bailaremos con boa música, comeremos chulas de cabazo e si os espritos nolo permiten beberemos dunha queimada para manter aos meigallos tamén afastados.

 

Viaxe ao país das nubes, este venres ás 21:00h

Froito da colaboración entre o músico Servando Barreiro e o poeta Manolo Pipas e baseado nos libros deste último (Viaxe ao pais das nubes, A milpa e O paliacate), nacidos da sua experiencia de varias viaxes e estancias en terras de Oaxaca, Chiapas e o Anahuac, no centro de México, libros ilustrados por Pedro Currás e Eva Castro; o encontro deu como resultado este traballo a dúas voces e unha guitarra, donde as historias e poemas de Manolo Pipas mestúranse cos acordes e o canto de Servando Barreiro.

 

   Versos e recitado: Manolo Pipas

   Musicas e canto: Servando Barreiro

   Debuxo do cartaz: de Eva Castro


Taller de galletas + merendola + Galeoke

Mañá sábado 7 de Abril, a partires das 19h comezaremos o taller de galletas caseiras, que degustaremos xunto con chocolate á taza. Para queimar as calorías propomos unha velada de Galeoke. Achégate!

Sábado intenso no Bou


Este sábado temos movida no centro social. Comezamos cun recital d’A Porta Verde ás 20:30, e a continuación… Temos o pracer de contar con dous grandes da nova música galega: Guillerme e Bastardo, que farán escala no Bou Eva na súa xira mundial por Vigo. Vai ser unha velada das que fan historia. Tedes que vir!

Untitled


O venres 24 de ás oito e media levaremos a cabo a presentación do libro do noso amigo, poeta, e músico senegalés Abdoulaye Bilal Traoré titulado OCULTO AL SOL.
O acto constará dunha presentación breve aquelada cunha jam session e cunha lectura de poemas entre os asistentes. Trae o teu instrumento ao Bou!