‘Música’

Dobre sesión de literatura

Este venres 3 de febreiro, ás 20:00, comeza a dobre sesión de literatura. Temos o pracer de acoller a presentación, por unha banda, a tradución ao galego, ao euskera e ao catalán do libro de Juan Márquez «Un tempo libre». Intervirán Lucía Novas, David Tijero e Estel Julià, que foron os tradutores da obra, e Xoán Montero será o mantedor do acto que terá como acompañento a música de Bilal Traoré.
Ás 21h Rosa Enríquez presentará o seu libro «Desobediencia». Intervirán a propia autora, Alberte Momán e Anxo Angueira. A seguir, contra as 21.00 h.

Exposición, recital e concerto!

Mañá, sábado 24 ás 8 da tarde, faremos a nosa particular homenaxe a Lois Pereiro. Inauguramos exposición de obra plástica a cargo de Emilio Cabezas e Zintia, baseada na obra do escritor monfortino.

Contaremos ademáis, como ven sendo habitual, cun recital de poesía, que será de todo menos aburrido. E para finalizar, en exclusiva no centro social Bou Eva: Concerto do cantautor punk Leo i Arremecághona!

Todas/0s convidadas/os.

Concerto didáctico de Pablo Carpintero no Bou!

O vindeiro martes día 20 de setembro contra as 20:00 horas, contaremos coa presenza do Pablo Carpintero, quen dará un concerto con instrumentos tradicionais especialmente adaptado para as persoas que están a aprender o galego, colectivo entre os que se atopan os ” Erasmus¨.
Entrada de balde!

Concerto acústico d’O Roxo de Chapela

Hoxe en exclusiva e de sorpresa virá a tocar ó Bou Eva “O Roxo” de Chapela.

Se é que non o escoitastes nunca esta é a vosa oportunidade. É unha maravilla oílo.

Vémonos ás 20:00h en Tercio de Fora nº11