‘Outros’

‘Berlín’, co Leo e Lara Rozados

O vindeiro sábado 31 de xaneiro, ás 20:30h, chega a Vigo: BERLÍN

Lou Reed creou a comezos dos 70 un disco que el definiu como “un filme para os ouvidos”, no que conta a sórdida relación entre unha parella nunha cidade dividida. Berlín é o relato das vidas de Jim e Caroline, marcadas pola pobreza, a prostitución, a violencia e as drogas. O disco foi un fracaso comercial, aínda que moi interesante musical e narrativamente.

Máis de trinta anos despois, o filólogo, profesor e músico Leo Fernández Campos, máis coñecido como O Leo Arremecághona, realizou un exhaustivo labor de tradución das letras das cancións, foi traballando nelas xunto coa xornalista e actriz Lara Rozados, nunha teatralización, até que no 2013, coa morte de Lou Reed, decidiron estrear a montaxe. Para iso contaron coa colaboración do director e actor Chiqui Pereira, membro da compañía Berrobambán.

Trala súa estrea na XIII Festa de Aniversario do Cineclube de Compostela, pasaron pola Fundaçom Artábria, polo Liceo Mutante ou polo C. S. Terra, de Pontedeume.

O vindeiro sábado, ás 20:30h, no Bou Eva.
Entrada, íntegra para xs artistas:
3euros socixs
5euros non socixs

10848567_847280095294447_1862178674585206271_o

‘Livros que nom lê ninguém’, de Isaac Lourido

O vindeiro venres, 9 de xaneiro, ás 20 horas, terá lugar a presentación de Livros que nom lê ninguém. Poesia, movimentos sociais e antagonismo político na Galiza. Con Isaac Lourido estará a profesora e crítica literaria, Ana Salgado.
Aquí podedes ler unha recensión do libro por Armando Requeixo.  Aquí a entrevista que Montse do Pico realizou ao autor, de onde tiramos esta declaración:
“Se a normalidade passa pelo paradoxo de que sejam as instituições públicas a planificar umas indústrias e um mercado cultural (e até a heterodoxia do sistema, como aconteceu com a nomeação de Lois Pereiro para o Dia das Letras Galegas de 2011) ou, noutro âmbito, pela promoção indiscriminada de qualquer produto que empregue a língua galega, a nossa cultura está condenada à desaparição num mundo em que não será capaz de marcar as suas próprias regras de funcionamento (a isso é ao que chamamos “autonomia”). A minha aposta pela diferença é, na verdade, uma aposta de fundo pela implementação de valores alternativos aos do capitalismo e aos do sistema cultural espanhol”

Livros que nom lê

 

Noite dos defuntos

Este venres a partir das 20h no Bou Eva vén disfrutar das castañas, das chulas e dalgún que outro conto de medo.

Coas panderetas intentaremos afastar ao espritos que anden a facer o mal polo Tercio de Fóra.

noite defuntas copy

Fóra do Linde

O vindeiro venres 10 de outubro, ás 21:30 horas, FÓRA DO LINDE presenta o seu proxecto de agroecolóxico autoxestionado que propón un modelo alternativo á especulación, intermediación e desigualdade inherente ao modelo agroindustrial capitalista.

cartel bou eva

 

Debate local previo a Cooperland

Comeza a conta atrás para Cooperland 2014, o II Encontro Europeo de Prácticas Cooperativas Cidadás que se celebrará en Xuño na cidade de Vigo.
O sábado 26 de abril, ás 19:30 horas, terá lugar un debate local previo ó Encontro de Xuño, para recadar opinións e plantexar necesidades e intereses sobre as prácticas cooperativas.
Os contidos e materiais resultantes servirán para adaptar Cooperland ós intereses locais e establecer unha plataforma para a formación dunha rede social cooperativa.

GRITO ROCK Vigo 2014

O GRITO ROCK é un festival mundial colaborativo de artes integradas. No seu nacemento, en Brasil, no ano 2006, tratábase dun circuito cultural que posibilitaba a circulación de grupos musicais por algunhas cidades do país. Co tempo, o proxecto traspasou fronteiras chegando a celebrarse, no ano 2013, nunhas 300 cidades de 30 países. Ao mesmo tempo, a idea orixinaria tamén foi medrando ata o que é hoxe: un festival que non se circunscribe soamentes a concertos de rock, senón que desenvolve actividades artísticas multidisciplinares e participativas.

Este 2014, calcúlase que se celebrar nunhas 40 cidades de 400 países. Vigo estará no mapa do GRITO. O Bou Eva, xunto con outros centros sociais e proxectos alternativos da cidade, colabora con este proxecto:
Domingo 23 de marzo, a partir das 17 horas: Exposición fotográfica, de Rubén ‘Chase’ + Concerto acústico, de Gonzalo Arévalo.

Teatro no Bou Eva

Aínda podedes apuntarvos escribindo a: acboueva@gmail.com