‘Outros’

Presentación da revista A Boia

http://aboia.info/

O próximo martes día 30 a partir das 8 da tarde, faremos unha pequena festa de presentación no Bou Eva ( rúa Terzo de Fóra 13) para presentar  A Boia en sociedade.

 

Ademáis de falar un pouco deste proxecto que intentamos sacar adiante, poderedes disfrutar de grata compañía, bebidas frías e petiscos. Tamén da actuación de María Lado e Lucía Aldao e do seu espectáculo recitado.

 

Así que xa tedes plan para o martes pola tarde/noite, antes do día do traballo, FESTA!!!

 

A Boia

 

 

Proxecto de Banca Ética FIARE

O sábado 27 de abril, ás 20 horas, presentación e debate arredor do proxecto.

Principios:
-Crédito ao servizo da xustiza
-Un proxecto en rede
-Aforro responsable, participación e transparencia
-Carácter non lucrativo e interese común

Obxectivo:
Xestionar, sen ánimo de lucro, servizos de intermediación financieira a prol da economía solidaria incorporando todos os criterios da democracia económica.

Homenaxe a Ricardo Mella

O 20 de abril, a homenaxe a Ricardo Mella comeza ás 18 horas no Bou Eva, con:

Xosé Manuel Pereiro, decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
-Antón Fernández Álvarez, profesor da UVigo e autor da tese Ética e política na utopía anarquista de Ricardo Mella.
-Mostra plástica de Emilio Cabezas.

Festa de Fin de Ano

O 31 de decembro, o Bou Eva non vai quedar varado: ven vogar a canda nós!!


Comezaremos a noite cun cocido para desestruturadxs que nos permita coller forzas e afrontar o 2013 como é preciso: con cultura e disidencia. Pero, se aínda tes familia e a cea xa organizada, tamén temos oco para ti: achégate despois das uvas bailar unhas pezas e compartir ideas!

Se queres anotarte á cea, por favor, envía un correo a: acboueva@gmail.com
O prezo de 15 euros inclúe: cocido, bebida, uvas, espumosos para brindar e material propio do fin de ano pagán: matasuegras, pitos, colar hawaiano…

Solidariedade co Liceo Mutante

Desde a Asociación Cultural Bou Eva, solidarizámonos co Liceo Mutante de Pontevedra diante da persecución policial que está a padecer, pretendendo impedir un intercambio libre de cultura, sen ánimo de lucro e respectuoso coa súa contorna.

+info

Magosto


Como vai a haber un outono sen magosto? Este venres a partir das 19h comezaremos a asar castañas, un pouquiño máis tarde serviremos os chourizos mentras desfrutamos de música tradicional en directo, vai unha foliada.

 

Esperámoste alí!

 

 

A noite dos calacús

Este mércores 31 de outubro, como xa ben sabedes, os mortos sairán a pasear pola nosa cidade, así que estade list@s para afastalos cun calacú na porta, nós poremos un, e mentras dentro, nós faremos unha boa festa. Bailaremos con boa música, comeremos chulas de cabazo e si os espritos nolo permiten beberemos dunha queimada para manter aos meigallos tamén afastados.

 

Mercadiño

Este venres 12 de outubro, para nós é día de traballo. Desde ás 12h da mañá até o peche (12 da noite) haberá no Centro Social todas estas actividades para levar mellor a crise, todo a prezos populares e con moita alegría:

Degustación de petiscos a 1 euro. Salgados (tortilla, crioulos..)  e doces (filloas, biscoitos..)

Venda de roupa, electrodomésticos, libros, etc. todo de segunda man a moi bo prezo!

Subasta, cara ás 20h, das serigrafías de Araceli Paz que están expostas no local, prezo de saída moi económico.

Música en directo, dj e gaitas a diferentes horas.

Sorteo dun lote de libros para celebrar que xa temos catálogo da biblioteca da asociación. Axiña estará colgado na rede!

Agardamos verte alí!