‘Outros’

Cea no Bou Eva

Este sábado ás 22h haberá unha cea no Bou Eva. Están incluídos unha gran variedade de petiscos (quiches, pizzas, etc.), postre, licores e café e tamén por suposto o viño para acompañar a comida.

Esperámoste verte alí, podeste anotar no correo acboueva@gmail.com

Despois da cea desfrutaremos dunha velada animada con música e algunha que outra sorpresa.

Obradoiro de títeres

Este xoves 5 de Xullo ás 19:00h temos o pracer de recibir a unha profesional dos títeres, con gran traxectoria, que vén facer un obradoiro para os e as máis pequenas. Os nenos e nenas disfrutarán enormemente construíndo o seu propio títere e podendo facer unha pequena representación ao final da tarde. Ela farános unha actuación cunha das súas marionetas de fíos articuladas.

Podes inscribirl@s mandando un correo ao acboueva@gmail.com ou no mesmo día, media hora antes. Pedimos a doazón de 1euro, por participiante, para a compra de material.

 

Apoia a Galizacontrainfo

Para apoiar ás compañeiras de Galizacontrainfo, a partires de hoxe teremos un peto para que cada un de nós achegue algo para axudalas, porque a solidariedade e a autoxestión hanos facer máis fortes como pobo.

E tes outra opción: doar a través desta páxina, a cambio recibirás marabillosas recompensas!

Apoia á Galizacontrainfo from Galiza Contrainfo on Vimeo.

Solidariedade coa Revolta do Berbés

Desde a Asociación Cultural Bou Eva solidarizámonos coa Revolta do Berbés polo ataque fascista sufrido na madrugada do pasado sábado.

Forza compañeir@s!

+info