‘Palestras’

Presentación do libro de Eduardo Romero ¿Quién invade a quién?

 

Eduardo Romero, integrante do Centro Social Cambalache (Oviedo), presenta no Bou Eva o seu novo libro que da pé a reflexionar sobre a estreita vinculación que as políticas españolas de control migratorio trazan coas políticas económicas que o estado español leva adiante no continente africano.

Neste libro non atoparedes textos especializados nin novedosas conclusións de investigacións académicas sobre a historia, a economía ou a sociedade africana. Está formado por catro textos que, sobre todo, pretenden ser un exercicio de desenmascaramento –estreitamente vinculado ás loitas contra a política de inmigración do estado español– de dous discursos complementarios: o da amenaza da invasión de inmigrantes, estratéxicamente usado para sinalar a un enemigo interno –os que xa están aquí– e externo –quenes queiran vir-; e o que sitúa ao estado español  á cabeza da labor filantrópica da contribución ao desenvolvemento dos lugares de orixe da inmigración.

Neste sentido, as dúas edicións do Plan África, aprobadas polo goberno español nos anos 2006 e 2009, son un exemplo inmellorable de cómo se constrúe a ameaza de invasión e de cómo se efectúa a verdadeira: a de políticos, empresas, militares e turistas occidentais.

A idea é poder, a partir do exposto por Eduardo, abrirnos á reflexión sobre as políticas de do estado español fóra e da construcción do medo na figura do migrante en pleno escenario de recortes sociais e históricas tasas de paro.

 

Podes ver onde comprar o libro ou descargalo aquí

Untitled

A asemblea da Liga Estudantil Galega de Vigo organiza a palestra “Unha achega a Palestina” para dar a coñecer a situación política, cultural e social do pobo palestino. Nela intervirá Fayez Khalaf, analista palestiniano.

O acto realizarase o luns 23 de xaneiro no centro social Bou Eva e comezará ás 19h30. Anímate e participa!

Presentación do libro ¨15-M O pobo indignado¨

O venres día 2 de decembro ás 19:30 horas no Centro Social Bou Eva presentamos o libro colectivo 15-M O pobo indignado, de Edicións Laiovento. Contaremos coa participación de X. L. Méndez Ferrín, X. M. Beiras Torrado, Francisco Sampedro, David Rodríguez e Alfredo Iglesias. 

II Encontro dos ex-mariñeiros do Banco Canario-Sahariano

Tralo éxito do I Encontro dos ex-mariñeiros do Banco Canario-Sahariano que tivo lugar o mes pasado en Cangas, convidamos á xente de Vigo a que participe deste II Encontro, que terá lugar o vindeiro xoves 17 ás 20:30h no Centro Social Bou Eva.

Visualizarase tamén unha parte do documental que Galiza Contrainfo está a facer, no que se rememoran os feitos acontecidos.

 

Reproducimos aquí o chamamento ó I Encontro:

Un grupo de mariñeiros do Morrazo hoxe xubilados que no seu día traballamos no Banco Canario Sahariano, desde fai algún tempo iniciamos un proxecto de recuperación documental sobre a presencia galega nos mares do Sahara Occidental.

Este traballo previsto desde agora ó 2013, abarcará distintas fases: arquivo documental, unha exposición e edición dun album coa participación de vinte fotógrafos de prensa e rematará coa elaboración dun documental de TV.

No proxecto poremos especial énfasis no enfoque social e reivindicativo manifestado no periodo 1980-2000, e que se deu en chamar a loita dos mariñeiros do Banco Canario-Sahariano, e que protagonizou durante dúas décadas a vida social dos pobos do Morrazo.

Para este traballo de recuperación deste cachiño de Historia, queremos contar coa participación de todos aqueles que viviron a reivindicación do Buque Hospital (1980), os que sufriron os ametrallamentos ou secuestros (1975-1983), os que estiveron na Folga polo Convenio Colectivo (1988), os protagonistas da loita polo Acordo Pesqueiro (1995), ou os que reivindicaron na rúa as medidas sociais de acompañamento (1999).

Presentación do documental ¨PUERTAS AL MAR¨

Este domingo ás 5 e media da tarde proxectaremos no Bou Eva o documental “Puertas al mar”, que narra a situación dos pescadores palestinos na Gaza asediada polo exército e a mariña israelíes. Despois haberá unha palestra cos directores, Nacho García e Inés Grocín, cooperantes en Gaza e loitadores pola liberdade en Palestina.

Patrimonio industrial e propiedade privada

Este xoves 25 de agosto ás 20:00h,  o colectivo “Entremos na panificadora” dará unha charla no centro social Bou Eva sobre patrimonio industrial e propiedade privada, onde se proxectará o documental ¨Panificadora¨, no que se mostra a situación actual do emblemático edificio vigués abandoado.

Despois haberá un debate nunha mesa redonda con viño e empanada.

Non podedes faltar!

Palestra sobre a SITUACIÓN DO NAVAL

Este mércores 20 de xullo ás 20:00 horas na rúa Tercio de fora 11. Por suposto, estades tod@s convidad@s. Pero non só iso; tamén precisamos da túa labor divulgativa para dar a coñecer á toda a poboación a situación do sector naval na cidade de Vigo, por ende un dos piares da economía galega. ASISTE E DIFUNDE!