‘Teatro’

Representación de «Marx no Soho», de Howard Zinn

Despois de moito protestar, un comité de ultratumba permítelle a Karl Marx volver ao mundo dos vivos durante unha hora. Un erro burocrático provoca que o seu espírito apareza en Santiago, materializándose nun anónimo transeunte.
Marx volve para limpar o seu nome e deixar as cousas claras. Vén disposto a falar das súas ideas e de como foron malinterpretadas. Da súa vida: persecución e desterro, penurias no Soho, traxedias familiares, libros, erros, debates sobre o que foi o comunismo, o que non foi e o que ha de ser.
Moitas cousas que contar e pouco tempo para falar. Tempo abondo, así e todo, para descubrir que entre a actual crise e os días que Marx viviu, a humanidade non cambiou tanto.

A Nave das Ideas, trae a Vigo, ao Bou Eva, a versión de Pepe Sendón da obra de Howard Zinn. Será o venres 19 de xullo, ás 22:00 h.

Homenaxe a Roberto Vidal Bolaño

Este venres organizamos unha homenaxe a Roberto Vidal Bolaño no seu décimo cabodano.  Contaremos coa presenza da actriz Mónica Camaño, o actor Zé Paredes e o director de cine Antón Dobao.

O acto está inserido nas xornadas previas  ao Día da Patria 2012 que xunto co Faísca e maila Revolta do Berbés estamos a organizar.