Construíndo a Independencia e o Socialismo

  • Home
  • Actos
  • Construíndo a Independencia e o Socialismo

Como ven sendo habitual, o independentismo celebrará en Vigo o Dia da Patria na semana previa ao 25 de Xullo. Desta volta será concretamente no dia 16, no Parque da Bouza (Coia), baixo o lema “Construindo a Independencia. Construindo o Socialismo”. Os actos están organizados pola Coordenadora de Centros Sociais de Vigo, da que fan parte o Guindastre, Revolta, Faísca, e desta vez, coa incorporación do noso centro social Bou Eva.

A programación combina música tradicional e moderna, con deportes e romaría popular. Ás 14h00 comezará o xantar popular, para dar psso pola tarde ós xogos populares (billarda, loita galega, brilé e volei). Ás 19h00 partirá a manifestación polas rúas de Coia. Ás 20h00 terá lugar unha espectacular batalla de rimas entre regueifeiros/as e rapeiros/as ou MC’s. Xa ás 21h00, continúa a romaría popular con sardiñada, pandereteiras e baile.