Últimos eventos

ajax-loader

Concerto didáctico de Pablo Carpintero no Bou!

O vindeiro martes día 20 de setembro contra as 20:00 horas, contaremos coa presenza do Pablo Carpintero, quen dará un concerto con instrumentos tradicionais especialmente adaptado para as persoas que están a aprender o galego, colectivo entre os que se atopan os ” Erasmus¨.
Entrada de balde!

Curso de portugués 30h ¡Matrícula aberta!

Temos o pracer de anunciar que para o próximo mes de outubro dará comezo un curso de portugués no centro social Bou Eva.

O curso estará homologado pola “Associação de Docentes de Português na Galiza”.

Duración: 30 horas lectivas, horario por determinar polo alumnado e o profesor.

Prezo: 30€   (20€ para soci@s )

Profesor: Xoán Montero (docente de portugués na Universidade de Vigo)

Matrícula: Antes do martes 27 manda un correo a acboueva@gmail.  com co teu nome e a dispoñibilidade horaria ou apúntate no propio centro social.

Máis información: Antes de comezar o curso farase unha xuntanza onde se decidirá o horario. Este día tamén haberá unha proba para que o profesor coñeza o nivel medio da clase.

Este venres, Bou!

Mañá, venres 16 de setembro, ás oito da tarde, temos o pracer de contar coa presenza de María Rosendo e Andrea Núñez, que veñen a presentarnos os seus poemarios: Nómade e Todas as mulleres que fun. Esperamos tamén contar con tod@s vós!

Patrimonio industrial e propiedade privada

Este xoves 25 de agosto ás 20:00h,  o colectivo “Entremos na panificadora” dará unha charla no centro social Bou Eva sobre patrimonio industrial e propiedade privada, onde se proxectará o documental ¨Panificadora¨, no que se mostra a situación actual do emblemático edificio vigués abandoado.

Despois haberá un debate nunha mesa redonda con viño e empanada.

Non podedes faltar!

Cea en homenaxe a Moncho Reboiras

Asociación Cultural Bou Eva ten o pracer de convidarte á cea-homenaxe que lle imos rendir este venres 12 de agosto, a Xosé Ramón Reboiras Noia (Imo, Dodro 1950 – Ferrol 1975),   no 36º cabodano do seu asasinato a mans da policía española en Ferrol.

A cea custará 12 euros e comezará a partir das 9 da tarde, logo de participar no acto que ADIANTE organiza ás 19:00h no mercado de Teis. (É moi probábel que permanezamos pechados durante esa hora).  Dende a nosa asociación, convidamos e convocamos á toda a xente para que participe do evento.

Aínda estades a tempo de apuntarvos para a cea. Podedes enviar un correo a acboueva@gmail.com, ou anotándote persoalmente no taboleiro do centro social.

Concerto acústico d’O Roxo de Chapela

Hoxe en exclusiva e de sorpresa virá a tocar ó Bou Eva “O Roxo” de Chapela.

Se é que non o escoitastes nunca esta é a vosa oportunidade. É unha maravilla oílo.

Vémonos ás 20:00h en Tercio de Fora nº11

Cea para celebrar o Día da Patria

Lembramos @s soci@s que esta noite terá lugar a cea conmemorativa do Día da Patria Galega no C.S. Bou Eva. Esperámosvos a partires das 9 da tarde. Bo proveito!