Últimos eventos

ajax-loader

Palestra sobre a SITUACIÓN DO NAVAL

Este mércores 20 de xullo ás 20:00 horas na rúa Tercio de fora 11. Por suposto, estades tod@s convidad@s. Pero non só iso; tamén precisamos da túa labor divulgativa para dar a coñecer á toda a poboación a situación do sector naval na cidade de Vigo, por ende un dos piares da economía galega. ASISTE E DIFUNDE!

Construíndo a Independencia e o Socialismo

Como ven sendo habitual, o independentismo celebrará en Vigo o Dia da Patria na semana previa ao 25 de Xullo. Desta volta será concretamente no dia 16, no Parque da Bouza (Coia), baixo o lema “Construindo a Independencia. Construindo o Socialismo”. Os actos están organizados pola Coordenadora de Centros Sociais de Vigo, da que fan parte o Guindastre, Revolta, Faísca, e desta vez, coa incorporación do noso centro social Bou Eva.

A programación combina música tradicional e moderna, con deportes e romaría popular. Ás 14h00 comezará o xantar popular, para dar psso pola tarde ós xogos populares (billarda, loita galega, brilé e volei). Ás 19h00 partirá a manifestación polas rúas de Coia. Ás 20h00 terá lugar unha espectacular batalla de rimas entre regueifeiros/as e rapeiros/as ou MC’s. Xa ás 21h00, continúa a romaría popular con sardiñada, pandereteiras e baile.

Presentación pública e acto homenaxe

Este venres 24 de xuño, ás 5 da tarde faremos a presentación pública do noso centro social á xente e ós medios, na que a A. C. Bou Eva organiza unha palestra sobre o noso nome na que intervirán Conchiña Nogueira, filla da parella de represaliados do bou, e Dionisio Pereira, historiador de renome que tamén presentará o seu libro “Loita de clases e a represión franquista no mar (1864 – 1936)” ás 19h no local da Central Unitaria de Traballadores/as. O Acto será presentado por Anxo Angueira e Leo de Matamá.

Concha Nogueira é natural de Vigo. Filla dos militantes comunistas Ángel NogueiraCarmen Miguel quen, intentando escapar da represión franquista no Bou Eva deciden, xunto cos seus compañeiros, suicidarse antes de ser asasinados polos seus perseguidores. Emigrou a Venezuela, onde participou en actividades da colectividade galega. Á súa volta a Galicia en 1970, integrase na loita antifranquista a través do Movemento de Mulleres Democráticas.

Dionisio Pereira (A Coruña, 1953). Licenciado en Ciencias Económicas e investigador especializado na historia dos movementos sociais na Galicia contemporánea. Participa no Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces” e durante os últimos anos traballou no eido da cultura marítima de Galicia. Entre outros libros, publicou A CNT na Galiza (1922-1936) (1994), Sindicalistas e Rebeldes (1998), Imaxes da fatiga: Crónica gráfica do traballo na Galiza (1999), O Patrimonio Marítimo de Galicia (2000), Foulas e Ronseis (Retrincos para un Tratado do Mar dos Galegos) (2005) e Loita de clases e represión franquista no mar (Xerais, 2010). Ademais, en coautoría con Eliseo Fernández, publicou ¨O Anarquismo na Galiza. Apuntes para unha enciclopedia (1870-1970) (2004)¨ e ¨O Movemento Libertario en Galiza (1936-1976)¨

VÉMONOS O VENRES AS 5 DA TARDE. ESTADES TOD@S CONVIDAD@S!

Horario

A partir de hoxe o Centro Social Bou Eva abre as súas portas de maneira regular co seguinte horario:

de luns a venres: De 18:00h a 24:00h

sábado: De 19:00h a 24:00h

17 de xuño: INAUGURACIÓN

O Centro Social Bou Eva abre as súas portas por vez primeira ás 20:00h deste venres 17 de Xuño e comezamos forte! Oriana Méndez presentará o seu libro de poemas ¨Cero¨

ESTADES TOD@S CONVIDAD@S!

A. C. BOU EVA

Nace a Asociación Cultural Bou Eva!

Estamos artellando un centro social en Vigo na rúa Tercio de Fora nº 11,

Neste blogue iremos informando das novidades, calendario de actividades, inauguración oficial, etc. Polo momento, podedes contactar connosco a través do noso enderezo electrónico acboueva@gmail.com