Últimos eventos

ajax-loader

29-N: OCUPA O OBRADOIRO

A estratexia do poder económico é clara: crean una crise e a utilizan para que o pobo perda dereitos e, cando xa non os teñamos, entón dirán que a crise rematou, pero eses dereitos nunca volverán se non loitamos por eles, se non botamos fóra do goberno a toda esa panda de mafiosos, corruptos e ladróns, se non facemos que o poder sexa do pobo e non das elites económicas.

O 22M enchemos as rúas de Madrid para amosar a nosa dignidade e o 29 de Novembro estaremos na praza do Obradoiro, onde traballaban os canteiros, para loitar polo que é noso e para chamar a todas as persoas a que loiten con nós para ter PAN, TRABALLO e TEITO.

O sábado 27, ás 20:30 horas, participa na XUNTANZA ABERTA das Marchas da Dignidade que imos celebrar coa finalidade de coñecérmonos, manifestar as nosas dúbidas, fomentar as nosas ilusións, debater as nosas reivindicacións desde distintos puntos de vista: somos a clase traballadora expoliada, a xente moza condenada ao desemprego ou expulsada do seu país, as mulleres combativas, o pobo galego solidario e consciente que defende o seu dereito á vida digna.

O sábado 27: acude ao Bou Eva: AS MARCHAS DA DIGNIDADE OCUPAN O OBRADOIRO

Cartel bou eva

Representación de ‘Falando claro’

Venres 26, ás 21 horas:

FALANDO CLARO trata de reconstruír a vida aventureira dun personaxe único a través dos textos que nos deixou. Por medio deles transitaremos pola Semana Tráxica arxentina, polos anos 20 neoiorquinos, polo crack de 1929 e a posterior Gran Depresión, pola vitalidade dos primeiros días da República e o agre Bienio Negro, por insólitos episodios do anarquismo galego, polos ominosos días previos á sublevación militar e, finalmente, pola Guerra Civil española.

A historia do anarquista de Louro, Claro José Sendón Lamela (1897-1937), nunha narración visual de Pepe Sendón, o venres 26 ás 21 horas. Taquilla íntegra para o autor.

10511432_10152388471823310_783760163500342266_o

Curso de teatro

cursoteatro1

Despois das vacacións retomamos as clases de teatro no Bou Eva con Marta Pérez de Inversa Teatro. Nas clases facemos todo tipo de exercicios de improvisación, voz, espacialidade, etc.

Anímate e anótate ás clases mandando un correo a acboueva@gmail.com

Comezamos o martes 7 de outubro, de 18h a 20h, neste mesmo horario continuaremos o resto do curso.

 

‘Crónica do chan’, de Alberto Lema

O vindeiro venres, 12 de setembro, ás 20 horas, estará connosco Alberto Lema para presentar o seu último libro de poemas, Crónica do chan.
Canda el, estarán: a crítica Ana Salgado, o profesor Iago Castro e o editor de Corsárias, Pepe Árias.

Aquí podedes ler o limiar que Xabier Cordal escribiu para o libro. E aquí a entrevista que Montse do Pico realizou ao autor co gallo da publicación de Crónica do chan. Gústanos extraer esta pequena parte:
É unha ‘Crónica do chan’ porque se escribe desde o chan, desde a fronteira entre a clase baixa e o chan. Desde a óptica do lumpenproletariado, esa palabra que xa non se leva pero que é cada vez máis descritiva da realidade. Era esta a idea?
O chan é un xeito un tanto dramático pero penso que bastante xusto de describir experiencias que teñen a ver co traballo, é dicir, coa vivencia da explotación e o sometemento que case todos nós compartimos, así como coa conciencia da orixe nun lugar, dalgún xeito, cercado. Eu chamaríalle máis ben clase traballadora que lumpen, o lumpen pode chegar a ter moitos cartos, pero as súas condicións de existencia priváronos de calquera posibilidade de solidariedade, de irmandade.

10600613_268400156703288_7169968940578826922_n

Proxección “Memoria, dignidade e loita”


memoria, dignidade e loita

O sábado 2 de agosto proxectamos o documental “Memoria, dignidade e loita” sobre a transición onde convertiron o franquismos e “democracia” e sobre os asasinatos levados a cabo  para escarmentar ao pobo.

Despois do debate posterior ao debate, teremos unha xornada lúdica, con petiscos de balde e música.

Presentación de “Expansión”, de Suso Bahamonde

O vindeiro xoves, 17 de xullo, ás 21 horas, presentarase Expansión. Canda o autor, estará a poeta María Lado e soará a música en directo de Mig Seoane.
En palabras de María Lado:
Expansión é un poemario nacido da necesidade do colapso, estoupar. Unha reflexión sobre a fráxil e azarosa existencia, sobre o lugar e misión de cada pequeno latexo de vida no universo e, en consecuencia, é tamén un libro sobre a extinción, a soidade, a falta, a morte… e o que vén despois, ese universo descoñecido.

Representación de ‘Vulto’

Venres 11 de xullo, ás 21:30 horas:
Só durante dous meses de xira e para un número reducido de espectadores, a actriz Marián Bañobre, dende o humor e a excepcionalidade física do seu estado de xestación na última fase, compartirá unha experiencia única e inesquecible, un emocionante xogo para os sentidos que convida á reflexión sobre a existencia e orixe mesma do individuo, como un ser estraño e inexplicable.
Trátase dun microespectáculo moi orixinal, posto que está concibido expresamente a partir do estado de xestación da actriz. A duracón é de 15 min. Despois, haberá un colocoquio coa actriz sobre o proceso de creación.
O prezo é de 3 euros (taquilla íntegra para a creadora).