Últimos eventos

ajax-loader

Que esconde a pelota?

O venres 4 de xullo, a partir das 21 h., o Bou Eva participa da estrea, en Galiza, da serie documental “Que esconde a pelota?”, sobre as consecuencias no Brasil do mundial de fútbol 2014, máis alá do beneficio para os grandes magnates e poderes económicos do país. Ao remate haberá un debate distendido sobre o mesmo tema do documental.

Un punto de encontro para todas aquelas voces a favor e en contra da repercusión que ten un evento destas caracteristicas no pobo.

Concerto de Xardín Desordenado

Xardín Desordenado é o proxecto de cinco músicos con distintas orixes e diferentes estilos como o Jazz, o Fado e o Rhythm & Blues, que decidiron xuntarse para percorrer librerías e bibliotecas na procura de palabras ás que lle poñer música.

No ano 2012 editaron o seu primeiro disco homónimo: Swing, Blus, Bossa, Bolero con textos de autores masculinos (Fernán Vello, Manuel María, Uxío Novoneira, Pepe Cáccamo, etc) Na actualidade, están gravando o segundo, con textos de poetas mulleres (Olga Novo, Chus Pato, Yolanda Castaño, Marta Dascosta etc.)

O sábado 28 de Xuño, ás 21 horas, as voces de Xardín Desordenado: Santiago Ferragud e Marlene Rodrigues presentarán este proxecto no Bou Eva.
Entrada 3 euros (íntegra para os músicos)

Presentación ‘Chamádeme Eva’

O vindeiro sábado 14, ás 20:30 h., presentarase Chamádeme Eva, libro de poesía de Mercedes Leobalde que gañou o VII Premio de poesía erótica Illas Sisargas.
Coa autora, estarán Paco Souto, editor da obra e María José Pérez Ferreira, acompañando coa súa música.

‘Té con Kant’ volve ao Bou Eva

Volven as prusianas Johanna e Theodora a poñer orde mundial despois de tanto escándalo… e farano no Bou Eva.

Se queres velas, Té con Kant regresa este venres 13  ás 21h. Gutten Abend!!

Experiencias da represión

O vindeiro venres, 6 de xuño, ás 20:30 h., contaremos con dúas testemuñas da represión de onte o hoxe: Francisco Rodríguez Veloso, encarcerado no réxime franquista e Aroha Nicolás García, represaliada polo réxime burgués do 78.
O aparato do Estado continúa expandindo as súas ferramentas fronte á resistencia contestataria, semella que o que se constrúe de costas ao pobo só pode sosterse contra o pobo.

Roteiro histórico-natural polas terras do Umia

O domingo 1 de xuño camiñaremos o sendeiro da Ponte do Ramo (6,51 km), que se encontra na parroquia de Cequeril, concello de Cuntis. É unha ruta de interese natural, histórico e etnográfico que será guiada polo escritor e ilustrador Héitor Picallo. Á súa fin, faremos unha churrascada.

A participación é libre, só hai que apuntarse enviando un correo a: acboueva@gmail.com ou unha mensaxe a https://www.facebook.com/boueva

O plan é o seguinte:
-10:30h: Saída de Vigo (do Reitorado, rúa Areal, compartindo coches particulares).
-11:30h: Inicio do sendeiro da Ponte do Ramo (Cequeril-Cuntis).
-14:30h: Xantar comunal na antiga Casa de Asorei, onde cociñaremos o churrasco que levamos desde Vigo.
-18:00h: Paseo pola parroquia de Cequeril ou longa sobremesa.
-20:00h: Regreso a Vigo

Dous galegos na República Democrática Popular de Corea

Se hai un espazo político cuestionado no mundo, de dereita a esquerda, ese é a República Democrática Popular de Corea, coñecida como Corea do Norte.
O vindeiro sábado 31 de maio, ás 20:30 h., o xornalista Gustavo Luca de Tena e mais Anxo Benigno López estarán connosco para compartir as súas impresións sobre este país afastado e descoñecido, sen que o descoñecemento impida a burla e a difamación desde orgullosas “democracias” capitalistas. Discutamos.

“Políticamente incorreta”, de Teresa Moure

O próximo venres, 9 de maio, ás 20:30 h., a escritora Teresa Moure presenta o seu libro de ensaios, Politicamente Incorreta, acompañada polo filósofo Francisco Sampedro. 

Uma mulher é politicamente incorreta quando diz o que não se espera dela e, ainda mais, quando pronuncia uma verdade não admitida pela opinião pública, pelo felizmente acordado no consenso social.
Ler máis.

Debate local previo a Cooperland

Comeza a conta atrás para Cooperland 2014, o II Encontro Europeo de Prácticas Cooperativas Cidadás que se celebrará en Xuño na cidade de Vigo.
O sábado 26 de abril, ás 19:30 horas, terá lugar un debate local previo ó Encontro de Xuño, para recadar opinións e plantexar necesidades e intereses sobre as prácticas cooperativas.
Os contidos e materiais resultantes servirán para adaptar Cooperland ós intereses locais e establecer unha plataforma para a formación dunha rede social cooperativa.