Poesía e Teatro no Bou Eva

No Bou Eva comezaremos en xaneiro o curso de teatro e máis o obradoiro de escritura poética. Sen pago de matrícula e cunha mensualidade que destinada integramente para as docentes.

Marta Pérez: Actriz, creadora escénica e produtora teatral. Licenciada en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela. Directora de Inversa Teatro- nacida en 2009- coa que leva cinco producións teatrais: Expostas- da que é co-autora e que foi publicada pola Revista Galega de Teatro, Kamouraska, Paper Dolls, Té con Kant, tamén co-escrita por ela xunto con María Caparrini e Fémina Sapiens de autoría propia. Inversa levouna a realizar xiras por Brasil, Colombia, México, Venezuela e Portugal tanto no 2012 coma no 2013 e 2014 con Kamouraska, Té con Kant e Fémina Sapiens. Estudou interpretación nas escolas Santart e Espazo Aberto de Santiago de Compostela.

María N. Soutelo: Licenciada en Historia pola USC. Participou no proxecto literario “AugasVerso”, folla voandeira de poesía do Concello de A Estrada, e na coletánea Poesía Contemporánea Tabeirós-Terra (Edicións Fervenza, 2005). No ano 2008, veu a luz o seu primeiro poemario Código Poético (XX Premio de Poesía “Eusebio Lorenzo Baleirón”, Concello de Dodro), da man da editorial Sotelo Blanco. Recentemente, vén de saír do prelo Nestes días, un libro que autora gusta de presentar desenvolvendo un taller poético con e para o público.

Teatro-Poesía