Presentación pública e acto homenaxe

  • Home
  • Actos
  • Presentación pública e acto homenaxe

Este venres 24 de xuño, ás 5 da tarde faremos a presentación pública do noso centro social á xente e ós medios, na que a A. C. Bou Eva organiza unha palestra sobre o noso nome na que intervirán Conchiña Nogueira, filla da parella de represaliados do bou, e Dionisio Pereira, historiador de renome que tamén presentará o seu libro “Loita de clases e a represión franquista no mar (1864 – 1936)” ás 19h no local da Central Unitaria de Traballadores/as. O Acto será presentado por Anxo Angueira e Leo de Matamá.

Concha Nogueira é natural de Vigo. Filla dos militantes comunistas Ángel NogueiraCarmen Miguel quen, intentando escapar da represión franquista no Bou Eva deciden, xunto cos seus compañeiros, suicidarse antes de ser asasinados polos seus perseguidores. Emigrou a Venezuela, onde participou en actividades da colectividade galega. Á súa volta a Galicia en 1970, integrase na loita antifranquista a través do Movemento de Mulleres Democráticas.

Dionisio Pereira (A Coruña, 1953). Licenciado en Ciencias Económicas e investigador especializado na historia dos movementos sociais na Galicia contemporánea. Participa no Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces” e durante os últimos anos traballou no eido da cultura marítima de Galicia. Entre outros libros, publicou A CNT na Galiza (1922-1936) (1994), Sindicalistas e Rebeldes (1998), Imaxes da fatiga: Crónica gráfica do traballo na Galiza (1999), O Patrimonio Marítimo de Galicia (2000), Foulas e Ronseis (Retrincos para un Tratado do Mar dos Galegos) (2005) e Loita de clases e represión franquista no mar (Xerais, 2010). Ademais, en coautoría con Eliseo Fernández, publicou ¨O Anarquismo na Galiza. Apuntes para unha enciclopedia (1870-1970) (2004)¨ e ¨O Movemento Libertario en Galiza (1936-1976)¨

VÉMONOS O VENRES AS 5 DA TARDE. ESTADES TOD@S CONVIDAD@S!