Representación de ‘Falando claro’

Venres 26, ás 21 horas:

FALANDO CLARO trata de reconstruír a vida aventureira dun personaxe único a través dos textos que nos deixou. Por medio deles transitaremos pola Semana Tráxica arxentina, polos anos 20 neoiorquinos, polo crack de 1929 e a posterior Gran Depresión, pola vitalidade dos primeiros días da República e o agre Bienio Negro, por insólitos episodios do anarquismo galego, polos ominosos días previos á sublevación militar e, finalmente, pola Guerra Civil española.

A historia do anarquista de Louro, Claro José Sendón Lamela (1897-1937), nunha narración visual de Pepe Sendón, o venres 26 ás 21 horas. Taquilla íntegra para o autor.

10511432_10152388471823310_783760163500342266_o