Representación de ‘Vulto’

Venres 11 de xullo, ás 21:30 horas:
Só durante dous meses de xira e para un número reducido de espectadores, a actriz Marián Bañobre, dende o humor e a excepcionalidade física do seu estado de xestación na última fase, compartirá unha experiencia única e inesquecible, un emocionante xogo para os sentidos que convida á reflexión sobre a existencia e orixe mesma do individuo, como un ser estraño e inexplicable.
Trátase dun microespectáculo moi orixinal, posto que está concibido expresamente a partir do estado de xestación da actriz. A duracón é de 15 min. Despois, haberá un colocoquio coa actriz sobre o proceso de creación.
O prezo é de 3 euros (taquilla íntegra para a creadora).