Teatro’

FILO-CAFÉ: A MÁSCARA

MÁSCARA

Un filo-café é un encontro libre e gratuíto, un espazo público de troca de pensamento e artes que se organiza arredor dun tema previamente escollido. Nel pode inscribirse calquera persoa que desexe facer unha intervención relacionada co tema escollido, indicando nome, lugar de orixe e área de intervención.
Neste filo-café quen queira ler un texto arredor do tema “a máscara” (nas súas diferentes interpretacións), crear un texto, traballo plástico ou musical, performance, danza… ou simplemente compartir algunha información, reflexión ou opinión que se relacione co tema proposto, poderá facelo.

As inscricións destínanse ás participacións artísticas, remitindo un correo a acboueva@gmail.com
Quen asista como público ou queira trocar ideas durante o filo-café non necesita inscrición previa.

SUPERMARKET, de Esther Carro d’Eguas

SUPERMARKET, de Esther Carro d’Eguas, baixo a dirección de Xavier Castiñeiras.
O vindeiro sábado 18 de outubro, ás 21 horas.
Entrada íntegra para a actriz: 3 euros.

Nas súas palabras:
“Estes versos frescos abordan temas de plena actualidade nun súper: as rutinas do traballo, o malgasto da comida, os ingredientes dos produtos ou os conservantes que poden chegar a ter, os tratamentos embelecedores das froitas e verduras… Dende un enfoque humorístico, pero crítico e satírico… E con moito amor polo medio”

10710606_718482594912725_6080194490997980190_n

Té con Kant

Té con Kant é un proxecto experimental que conxuga a combinación entre o ensaio filosófico e a creación escénica xogando co humor e a ironía para obter unha peza de teatro íntimo. Nela, as súas actrices, María Roja e Marta Pérez, tentan exercer como axitadoras filosóficas coa pretensión de remover e promover a reflexión (e acción) do público asistente ao redor da problemática moral nos nosos días, así como examinar as vantaxes e inconvenientes morais da época ilustrada. Baixo o espectro do seu amigo, o filósofo Inmanuel Kant, exploran o porqué do fracaso da ilustración e a súa absoluta confianza na razón humana para dar paso á nosa época post-moderna na que predomina o fragmento e a decepción.
É posible aínda un mundo e sociedade mellores baixo os ditames da razón ilustrada
ou esta é ad infinitum unha condena ao fracaso?
Máis.

O domingo 24, ás 20 h., 3e para soci@s / 6 para non-soci@s. Taquilla íntegra para as ilustradas.