Té con Kant

Té con Kant é un proxecto experimental que conxuga a combinación entre o ensaio filosófico e a creación escénica xogando co humor e a ironía para obter unha peza de teatro íntimo. Nela, as súas actrices, María Roja e Marta Pérez, tentan exercer como axitadoras filosóficas coa pretensión de remover e promover a reflexión (e acción) do público asistente ao redor da problemática moral nos nosos días, así como examinar as vantaxes e inconvenientes morais da época ilustrada. Baixo o espectro do seu amigo, o filósofo Inmanuel Kant, exploran o porqué do fracaso da ilustración e a súa absoluta confianza na razón humana para dar paso á nosa época post-moderna na que predomina o fragmento e a decepción.
É posible aínda un mundo e sociedade mellores baixo os ditames da razón ilustrada
ou esta é ad infinitum unha condena ao fracaso?
Máis.

O domingo 24, ás 20 h., 3e para soci@s / 6 para non-soci@s. Taquilla íntegra para as ilustradas.

Tags: